CRTVG

Buscar

Indentifican o condutor que lle causou feridas graves a un motorista en Lugo e fuxiu

Publicado o 19/11/2020 13:32
Indentifican o condutor que lle causou feridas graves a un motorista en Lugo e fuxiu

A policía de Lugo detivo o condutor dun turismo que escapou logo de saltar un stop e colidir cun motorista, que sufriu feridas graves.

O suceso ocorreu no mes de setembro, e a ata o de agora non se puidera resolver. Non había testemuñas directas do suceso, pero o visionado das imaxes das cámaras dalgúns negocios e outras investigacións permitiron descubrir o culpable. Trátase dun home de 36 anos que vendeu o coche implicado só dous días despois do sinistro. De feito, aínda presentaba danos sufridos no impacto.

O home foi localizado nos xulgados de Lugo cando entregaba o seu carné de conducir por estar implicado noutro delito de tráfico. Desta volta está acusado dun delito de lesións por imprudencia grave e outro contra a seguridade viaria, polos que podería ser condenado ata con sete anos de cárcere.

Noticias web

19/11/2020