CRTVG

Buscar

Inclusión, pero no cine, estes días en Vigo

Publicado o 23/10/2019 19:23

Inclusión, pero no cine, estes días en Vigo, coa cuarta edición do Festival de Cine Inclusivo que se celebra ata o sábado vindeiro. O seu obxectivo é eliminar calquera tipo de barreira de acceso ás producións cinematográficas, tanto arquitectónicas coma sensoriais, auditivas ou visuais; e visibilizar os máis vulnerables para evitar a súa exclusión social. Se en edicións anteriores se centraron no trastorno do espectro autista e a esclerose múltiple, este ano a atención está posta nas enfermidades raras. 

O festival conta con actividades paralelas que están a ter grande acollida entre os máis novos. 

O Festival ten unha importante presenza do cinema galego, e conta coas seccións VIG-IN Doc de documentais internacionais pola inclusión, Curtametraxes audiodescritas e subtituladas, e a sección Novas Miras.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/10/2019