CRTVG

Buscar

Incidentes en Pamplona ao impedir a policía o despregamento dunha ikurriña

Publicado o 06/07/2019 20:46

Tensión no balcón do concello pamplonés porque por primeira vez desde 1977 non se despregou a ikurriña no balcón durante o chupinazo dos sanfermíns. Esa circunstancia provocou momentos de tensión. Os concelleiros de Bildu e Geroa Bai tentaron despregar a bandeira vasca, pero impedíronllelo os policías municipais que se encontraban alí.

O novo alcalde de Navarra Suma avogara previamente por uns sanfermíns que foran a "festa de todos" sen politizacións e desde Bildu acúsano de non respectar a liberdade de expresión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/07/2019