CRTVG

Buscar

Incerteza entre os comerciantes de Santiago ante a campaña de Nadal

Publicado o 27/10/2020 10:23

As imaxes de rúas e centros comerciais ateigados de xente facendo as compras de Nadal vai ser dificil que se repitan este ano por mor da pandemia. O comercio ve perigar unha das campañas máis importantes para o sector.

Aínda así, as asociacións que aglutinan o pequeno comercio compostelán van promover sorteos, promocións e outras actividades para incentivar as compras de Nadal e pídenlles ás autoridades que apoien o sector con iniciativas de éxito noutras cidades.

O comercio electrónico preséntase para uns como unha oportunidade para salvar a situación. Outros, pola contra, son escépticos canto á eficacia desta ferramenta para o pequeno comercio.

No que todos coinciden é na imposibilidade de facer unha previsión a dous meses vista e que todo queda á mercé da evolución da pandemia.

Noticias web

27/10/2020