CRTVG

Buscar

Incendio sen feridos nun céntrico piso da rúa Alfredo Vicenti, na Coruña

Publicado o 06/06/2020 17:57

Por fortuna, non houbo que lamentar feridos e tan só se rexistraron danos materiais no incendio que se produciu pouco despois das tres da tarde nunha vivenda da rúa Alfredo Vicenti, na Coruña. A mesta fumareda que saía do segundo andar chamoulles a atención aos viandantes e veciños, que descoñecían se as lapas poderían pasar a outras casas. No piso vivía unha parella de irmáns. Un deles adormeceu co cigarro prendido e axiña prendeu nunha cortina.

Trasladados os servizos de extinción de incendios e ambulancias, os dous moradores foron atendidos no lugar polas asistencias médicas, pero non foi preciso trasladalos ao hospital. O resto do edificio estaba baleiro e non se produciron desaloxos.

Tras a intervención dos bombeiros quedou un retén da Policía Local da Coruña pendente de que non se reavivase o lume.
 

Noticias web

06/06/2020