CRTVG

Buscar

Incéndiase un iate nun estaleiro de Moaña

Publicado o 26/05/2020 15:59

En Moaña, os bombeiros traballan para extinguir un incendio nun iate, que estaba na rampla exterior dun estaleiro.

O lume, que calcinou o interior da embarcación, xa está controlado e todo apunta a que non houbo danos persoais. Os bombeiros traballan para evitar que a auga que usaron para controlar o incendio arrastre substancias contaminantes ao mar.

Noticias web

26/05/2020