CRTVG

Buscar

Incautadas 4.400 plantas de marihuana en Lalín e Agolada

Publicado o 11/09/2020 16:18

A Garda Civil detivo tres persoas e incautouse de 4.400 plantas de marihuana en Lalín e Agolada. Foi o Seprona o que descubriu unha plantación de cánnabis sativa ao aire libre en Agolada.

Constaba de dúas parcelas con 3.600 plantas que recibían o rego por bombeo. Os propietarios descoñecían o uso real das parcelas.

Posteriormente, nun alpendre de Lalín descubríronse outras dúas plantacións en interiores cun total de 800 plantas. O responsable é un veciño de Lalín con antecedentes por tráfico de drogas.

Noticias web

11/09/2020