CRTVG

Buscar

Inaugurado en Mondoñedo o Centro de Interpretación da Imprenta

Publicado o 16/09/2019 16:23

Esta mañá inaugurouse en Mondoñedo un centro de interpretación da imprenta que conta con diversas pezas que datan de finais do século XIX. O obxectivo é resaltar o valor que tivo a imprenta nunha vila tan ligada ao movemento cultural.

Esta máquina plana fabricada en Bélxica en 1872 é a peza máis antiga deste Museo da Imprenta de Mondoñedo, pero canda ela expóñense outras xoias de finais do século XIX. Foron cedidas pola última xeración ao cargo da impreta Mancebo, unha empresa local aínda en funcionamento.

Mondoñedo foi unha das tres primeiras localidades galegas en coñecer a impresión con tipos móbiles, fíxoo xa a finais do século XV e a imprenta sempre estivo ligada á actividade cultural desta vila.

O museo da imprenta poderase visitar de balde durantes as mañás deste mes de setembro e despois farase a través de visitas organizadas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019