CRTVG

Buscar

Importante suba dos positivos na área sanitaria de Santiago-A Barbanza, con 67 casos novos

Publicado o 30/08/2020 21:26

Importante suba dos positivos na área sanitaria de Santiago-A Barbanza este domingo, con 67 casos novos. O gromo de Melide segue en aumento e alí xa son moitos os locais que baixaron a reixa como precaución para evitar novos contaxios.

Aquí en Melide os últimos datos oficiais falan de 77 casos en total, aínda que só 44 deles residirían no municipio. A maioría dos positivos son asintomáticos e fan a corentena nas súas casas. Con todo, estes positivos obrigaron a baixar a reixa en moios comercios e locais de hostalería, ben por teren algún positivo no persoal ou ben como precaución para evitar novos contaxios. Tamén a igrexa parroquial pechou temporalmente ao detectaren un caso positivo. Tampouco houbo hoxe feira, como é habitual os últimos domingos de mes.

En canto aos gromos no resto da área sanitaria, o da Baña suma este domingo dous novos positivos, serían 16 os casos activos. O gromo de Santa Comba, con 34 casos, e o de Negreira, con 12, mantéñense estables. En toda a área sanitaria fixéronse máis de 50.000 probas PCR.

Noticias web

30/08/2020