CRTVG

Buscar

'Imaxe Covid' reflicte a ollada de 6 fotoxornalistas galegos da pandemia

Publicado o 13/05/2020 16:22

Enterros onde a soidade se converte en intrusa. Mercar o pan como se fose unha compra a distancia. O corpo a corpo e a entrega dos que combaten a pandemia. Son algunhas das olladas de 6 fotoxornalistas galegos nestes dous meses de estado de alarma.
 
Olladas que poñen o foco no que resulta estraño e que miran de fronte a morte. Son as fotos de Óscar Corral, Mónica Ferreirós, Agostiño Iglesias, Brais Lorenzo, Miguel Muñiz e Miguel Riopa. O traballo dos fotoxornalistas sempre atento ás cousas que ás veces esquecemos mirar.

Noticias web

13/05/2020