CRTVG

Buscar

Iker Casillas podería anunciar en breve a súa retirada, asegura a prensa portuguesa

Publicado o 17/05/2019 12:19
Iker Casillas podería anunciar en breve a súa retirada, asegura a prensa portuguesa

Iker Casillas non di nada ao respecto nas súas redes sociais, pero a prensa deportiva portuguesa da por feito que Iker Casillas se retira e que o Porto FC xa está buscando un novo porteiro. 

Ao parecer Casillas tiña previsto anunciar en breve a súa retirada dos terreos de xogo, aínda que ao agardaba facelo ao remate da temporada. Mañá mesmo, 18 de maio, o Porto FC xógase a liga fronte ao Benfica, na última xornada. É posible que sexa despois dese partido cando o porteiro madrileño faga unha declaración ao respecto.

Logo do infarto de Casillas, o Porto busca porteiro, pero os medios portugueses apuntan a que o Porto FC pretende que Casillas queda na estructura do clube como técnico