CRTVG

Buscar

Iglesias liga o despedimento dos avogados cun caso de acoso sexual "moi grave"

Publicado o 06/12/2019 16:19

O líder de Podemos reafírmase en que o despido disciplinario do avogado José Manuel Calvete foi por un caso de acoso sexual. Pablo Iglesias falou hoxe por vez primeira dos presuntos casos de sobresoldos no seu partido e reta aos que manteñen estas acusacións con ir aos tribunais: "Trátase dun caso de acoso sexual moi grave, e todo aquel que acuse a Podemos dalgún delito o que ten que facer é ir aos tribunais e que os tribunais diriman". 

José Manuel Calvente di que a acusación é falsa e insiste en que se trata dunha operación contra el para tapar a corrupción de Podemos. O avogado tamén denuncia despedimentos sen cumprir a lei.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2019