CRTVG

Buscar

Iglesias recoñece unha forte discusión con Sánchez tras a marcha do rei Xoán Carlos

Publicado o 08/09/2020 13:25

Pablo Iglesias aposta polo bloque da investidura para sacar adiante os orzamentos e ve inviable un posible acordo con Ciudadanos.

"Pensar que se poden sacar adiante os orzamentos xerais cunha maioría diferente á maioría da investidura creo, sobre todo por non enganar a ninguén e non crear falsas expectativas, que non é real", di Iglesias.

Iglesias deixa entrever o seu malestar polo agochamento de información na fusión de Bankia e Caixabank.

"Se me molesta algo que fixo o presidente, non vou falar diso nos medios de comunicación, dígollo en privado. Non vou contestar por responsabilidade, aínda que vostede é moi perspicaz e creo que se dá conta do que hai", asegura Pablo Iglesias.

E desvela que mantivo unha discusión forte con Pedro Sánchez acerca do rei Xoán Carlos.

"No caso concreto da saída, da fuxida do rei emérito, tivemos unha discusón forte, e o presidente disculpouse", indica o vicepresidente segundo do Goberno.

Na entrevista, Iglesias avogou por reformar o sistema de dependencia en España e insistiu na intención de cubrir as baixas retribuídas aos pais con nenos en corentena. Tamén se referiu á investigación aberta pola caixa B de Podemos.

"Que se investigue, que se investigue ata o final. Creo que o que temos que facer é seguir colaborando coa xustiza. Que nos pidan cada papel, cada conta, cada documento", conclúe Iglesias.

Noticias web

08/09/2020