CRTVG

Buscar

Iglesias di que nos próximos días haberá medidas para parar desafiuzamentos de afectados pola covid

Publicado o 26/11/2020 11:58

O vicepresidente segundo e ministro de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Pablo Iglesias, anunciou este xoves que dentro de menos de dúas semanas o Goberno presentará unha medida para ampliar a prohibición dos desafiuzamentos, tal e como reclama Unidas Podemos.

"Ás veces as discrepancias e as diferenzas tradúcense en medidas beneficiosas para a xente", defendeu Iglesias durante a súa comparecencia na Comisión Mixta do Congreso para a Coordinación e Seguimento da Estratexia Española para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

O vicepresidente concretou que o seu departamento traballa co ministro de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, que ten as competencias en Vivenda, para impulsar esta normativa que estará lista nos próximos días, como moi tarde en dúas semanas.

Unidas Podemos presentara unha emenda aos orzamentos para acabar cos desafiuzamentos ata 2022 xunto a ERC e EH Bildu que xerou malestar no lado socialista do Goberno, que non a apoiou.

Con todo, Iglesias achegou posturas este luns co xefe do Executivo, Pedro Sánchez, que se comprometeu a buscar a fórmula para estender ata que durase o estado de alarma a medida agora vixente ata o 31 de xaneiro, que impide botar á rúa persoas que estean en situación de vulnerabilidade como consecuencia da crise da covid