CRTVG

Buscar

Iglesias convoca unha asemblea estatal na que presentará a súa candidatura á reeleción como líder de Podemos

Publicado o 17/01/2020 17:50

O secretario xeral de Podemos e novo vicepresidente do Goberno, Pablo Iglesias, anunciou este venres a convocatoria para o mes de marzo da terceira asemblea cidadá estatal, para poñer "a punto" a organización ante os novos retos que afronta como partido de goberno. Ademais, avanzou que se presentará á reelección para un terceiro mandato.

Así o anunciou durante a súa intervención inicial no Consello Cidadán Estatal (CCE) que compoñen os principais dirixentes do partido morado, e que se reúne por primeira vez desde as pasadas eleccións xerais de novembro e a chegada de Podemos ao Goberno. Desta maneira, o líder de Podemos, que xa leva seis anos á fronte do partido e aspira a lideralo durante outros catro máis, decidiu adiantar un ano a asemblea, que debía celebrarse como tarde en febreiro de 2021, cando se cumpren catro anos do congreso de Vistalegre II que se celebrou en febreiro de 2017.

Na súa intervención, Iglesias tamén anunciou que a portavocía do partido queda agora en mans do secretario de Sociedade Civil, Rafa Mayoral, e a secretaria de Internacional, Idoia Villanueva, a portavocía de Podemos, en substitución de Noelia Beira, nova secretaria de Igualdade no Goberno de coalición. 

Noticias web

17/01/2020