CRTVG

Buscar

Iglesias apoiará a Sánchez para "desinflamar" o conflito en Cataluña

Publicado o 16/10/2019 19:14


O líder de Unidas Podemos, Pablo Iglesias, asegurou este mércores que apoiará ao Goberno naquelas medidas que incidan na "desinflamación" e considerou que terá que ser o PSOE quen aclare se "está con Casado e Rivera" ou noutro camiño. Na súa comparecencia ante a prensa na Moncloa, posterior á reunión mantida co presidente en funcións para analizar a crise en Cataluña, Iglesias dixo ter a impresión de que o Goberno "non ten prevista tomar ningunha medida de excepcionalidade" en Cataluña e reafirmou que a aplicación do 155 non serviu para resolver o conflito. Iglesias destacou durante a rolda de prensa que el aposta pola "reconciliación". Pola súa banda, Sánchez transmitiu a Iglesias a importancia da "unidade de acción" e díxolle que "non descarta ningún escenario" en Cataluña e actuará, se é preciso, desde a firmeza, a proporcionalidade e a unidade, segundo informaron fontes do Goberno.

Noticias web

16/10/2019