CRTVG

Buscar

Iglesias advirte a dereita de que a súa defensa ao rei prexudica a monarquía

Publicado o 07/01/2020 15:02

Pablo Iglesias pediulle a Pedro Sánchez firmeza democrática fronte aos intolerantes e alertou do fraco favor que a dereita lle fai á monarquía identificar o Rei coas súas posturas políticas.

Pablo Iglesias. secretario xeral de Podemos "Quizais, paradoxalmente, se convertesen vostedes na maior ameaza para a monarquía en España"

Na mesma idea abundaba o peneuvista Aitor Esteban ao lembrar que foi Filipe VI quen propuxo a candidatura de Sánchez.

Aitor Esteban, voceiro do PNV no Congreso "E resulta que propuxo o suposto felón Pedro Sánchez. Segundo a súa lóxica, que irresponsabilidade a do monarca!"

O BNG apoia o socialista para que cumpra o acordo sobre a axenda galega. No setenta cabodano da morte de Castelao, Néstor Rego chamaba a imitar a loita do galeguista contra o fascismo.

Nestor Rego BNG: "Fronte a esta dereita cada vez máis ultra e ultraespañolista que ameaza os dereitos e liberdades de todos non caben vacilacións. É preciso pecharlles o paso decididamente"

A investidura foi posible grazas á abstención de Bildu e dunha Esquerra que deixou a intervención en mans da irmá da encarcerada Dolors Bassa e que deixaba a frase do día.

Montserrat Bassa ERC: "Persoalmente, impórtame un pemento a gobernabilidade de España"

Compromís, Nueva Canarias ou Teruel Existe votaron si a Sánchez, igual que un Errejón que lamentaba non facelo hai 4 anos.

"Nunca é tarde se a dita é boa e esta converteuse nunha oportunidade histórica"
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2020