CRTVG

Buscar

Ifema estrea unha unidade de coidados intensivos con 16 camas

Publicado o 02/04/2020 11:12

Máis dun milleiro de persoas están actualmente ingresadas nestas instalacións provisionais do Ifema. Hai doce pavillóns no recinto feiral, pero, de momento, hai só dous habilitados para enfermos de COVID-19. A previsión é que, se fai falta, sería posible preparar novas estancias. Hoxe comezan a estar operativas algo máis dunha ducia de unidades de coidados intensivos. Centos de sanitarios e operarios de mantemento traballan aquí.

Entre uns e outros, controlan máis dun milleiro de ingresados. Nós estivemos falando cun deses enfermos. Leva algo máis dunha semana no pavillón nove. Como a maioría dos que están aquí, o seu estado non é grave. Conta que as instalacións, aínda que provisionais, cumpren coas necesidades e ten palabras de agradecemento para todos os sanitarios.

A actividade é constante dentro do IFEMA. No que é o hospital temporal máis grande de España hai máis de mil ingresados por coronavirus. Jonan
é un deles. Cóntanos que acaban de quitarlle a medicación para a COVID-19. Leva sete días no pavillón nove.

Baixo a máscara de osíxeno, intuímos o optimismo de Jonan. No IFEMA as instalacións, cóntanos, responden ás necesidades.

Ata unha biblioteca improvisada vemos que hai no hospital provisional co maior número de contaxiados por coranavirus de España.

Jonan recupérase ben e espera poder volver á casa pronto. Entón comezarán para el outros quince días, como mínimo, de illamento domiciliario total.






 

Noticias web

02/04/2020