CRTVG

Buscar

Denuncian a condutora dun autobús escolar que circulaba sen carné de conducir

Publicado o 01/12/2020 20:44

Axentes da Garda Civil de Tráfico detectaron en Ordes unha condutora sen carné durante a campaña de control dos buses escolares que se está a realizar estes días. A chofer perdera o permiso de conducir ao quedar sen puntos e deixou os cativos fóra da parada para tratar de eludir o control. Esta campaña de control continuará toda a semana.


 

Noticias web

01/12/2020