CRTVG

Buscar

Identifican o autor de actos vandálicos en Baiona grazas a un vídeo nas redes sociais

Publicado o 03/09/2019 16:16

Esta captura dun vídeo pendurado nas redes sociais deu co presunto protagonista deste acto vandálico. Aconteceu nun garaxe comunitario de Sabarís, en Baiona. Un intruso colle unha bicicleta infantil e salta por riba de dous coches, para indignación dos veciños.

Os danos na bicicleta, que está desfeita, e nos turismos, que presentan rascaduras e golpes, están valorados en 1.500 euros.

As pescudas da Garda Civil de Baiona deron coa identificación dun mozo de 25 anos como presunto autor dos feitos. Está investigado por un suposto delito de danos materiais e deberá comparecer xudicialmente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/09/2019