CRTVG

Buscar

Identifican catro mozos que disparaban cunha pistola simulada nunha rúa en Chapela

Publicado o 03/02/2020 14:33

A Policía Local de Redondela identificou catro mozos que realizaban prácticas de tiro cunha pistola simulada en plena rúa. A arma que parecía real, foi comisada e procederon a tramitar a denuncia para a correspondente sanción.

Unha multa que ascende a 600 euros, xa que estas armas tamén pode causar un grave danos ás persoas. Os feitos ocorreron no paseo de Cardona en Chapela. Veciños da zona alertaron de que un grupo de mozos estaba a disparar contra unha botella e unha árbore nun punto polo que pasan moitos viandantes. A policía presentouse no lugar e identificou os rapaces.

Noticias web

03/02/2020