CRTVG

Buscar

Iceta insta a Torra a falar cos partidos cataláns

Publicado o 21/10/2019 08:40

Pendentes de saber se os disturbios nas rúas de Cataluña remiten definitivamente, aos partidos políticos a reacción á sentenza cólleos a vinte días dunhas eleccións xerais. E neste contexto, un Torra cada vez máis débil acusa o presidente en funcións de eludir responsabilidades por non collerlle o teléfono. 

Sánchez mantense firme en esixir unha condena rotunda da violencia e Iceta proponse como interlocutor para formar primeiro unha mesa de diálogo de partidos cataláns. Iceta dille a Torra que antes querer falar en nome de toda Cataluña co presidente do Gobermo, debería abrir unha rolda de reunións cos partidos representados no Parlamentio de Cataluña. O líder do PSC comparte con Sánchez a esixencia de pedirlle a Torra unha condena expresa da violencia.

Mentres desde Junt per Cat din que é o momento de buscar unha solución política, Esquerra fala xa da necesidade de explorar novas alianzas, fóra do independentismo. A posición de Torra nos últimos días evidenciou as diferenzas entre os dous socios de Goberno.

A nivel estatal, o líder da oposición, Pablo Casado, di que Sánchez debe collerlle o teléfono a Torra, pero para romper con el definitivamente. E desde Ciudadanos critican os que piden a dimisión do presidente da Generalitar e non usan, segundo a opinión de Rivera, os instrumentos legais para botalo.

Desde a esquerda, os comúns de Ada Colau avogan polo diálogo, que tamén considera necesario o líder de Más País. En Unidas Podemos, piden que non se faga electoralismo. No Goberno consideran que o destes días foi unha crise de orde pública e expresan a súa confianza en que axiña se restablecerá a convivencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019