CRTVG

Buscar

Iberia traslada este sábado de Montevideo a Madrid 288 pasaxeiros

Publicado o 28/03/2020 02:30
Iberia traslada este sábado de Montevideo a Madrid 288 pasaxeiros

Un avión de Iberia trasladará este sábado dende o Uruguai a Madrid a 288 pasaxeiros de diferentes nacionalidades europeas. O voo é posible grazas ás xestións da chancelería uruguaia para a repatriación de cidadáns atrapados noutros países por mor da pandemia de covid-19.

O aparello aterrou o venres en Montevideo con 170 uruguaios que estaban en diferentes países europeos. Á súa chegada á capital foron recibidos polo chanceler Ernesto Talvi.