CRTVG

Buscar

Iberia compra Air Europa por 1.000 millóns de euros

Publicado o 04/11/2019 09:11

É a maior operación corporativa da historia da aviación española. A multinacional hispano-británica IAG, matriz de Iberia, compra Air Europa. Pagará 1.000 millóns de euros en efectivo pola cuarta compañía nacional en número de pasaxeros, ata agora propiedade do grupo Globalia. Nas Illas Baleares, sede central da compañía, os sindicatos decláranse preocupados.

José Luis García, secretario xeral de CCOO Baleares, di que "xa sabemos que este tipo de concentración de capital, de concentración de operacións nestas grandes empresas adoita traer restruturacións. Esperamos que non sexa o caso pero, de todos os xeitos, estaremos atentos"

Con esta compra, IAG, propietaria tamén de Vueling, controlará as 3 primeiras aeroliñas españolas e moverá o 72% do tráfico nacional. A comisaria europea da competencia terá agora que decidir se autoriza ese grao de concentración nun só grupo. Ademais, a multinacional farase co liderado nas conexións aéreas entre Europa e América Latina, o 26% do total. A operación pecharase na segunda metade de 2020.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí