CRTVG

Buscar

Iago e Denis visitan os nenos do Hospital Álvaro Cunqueiro

Publicado o 23/09/2019 19:26

Hoxe vimos a cara máis solidaria de Iago Aspas e Denis Suárez. Foron visitar os nenos e nenas ingresados no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Os futbolistas cambiáronlles as aburridas batas verdes do hospital por unhas batas do Celta. As batas levaban impreso o nome e o dorsal dalgún xogador canteirán. A visita e este divertido agasallo sacoulles un sorriso aos cativos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019