CRTVG

Buscar

Iago Aspas recae da súa lesión no xemelgo

Publicado o 17/02/2019 13:21

O Celta informou este domingo da lesión de Iago Aspas. O dianteiro celeste recaeu da súa rotura fibrilar no xemelgo interno dereito. A nova lesión produciuse durante o quecemento no partido desta xornada en Balaídos diante do Levante. A proba médica repetirase dentro de tres ou catro días. No comunicado non se informa do tempo estimado de baixa.

Noticias web

17/02/2019