CRTVG

Buscar

Iago Aspas está a un gol dos 104 goles de Hermidita en Primeira División

Publicado o 24/09/2020 17:24

• Pero o moañés está máis lonxe de Polo e de Nolete

Este golazo coloca a Aspas moi moi preto de Hermidita como máximo goleador do Celta na primeira división. Consultamos a hemeroteca. 31 de outubro do ano 1954. Foi a última vez que Hermidita marcou co Celta: 104 goles. O derradeiro, ante o Hércules. Aspas só precisa un máis para igualar esa cifra. Suma 103 en 8 anos, dende aquel setembro de 2012 que marcou ante o Osasuna.

Aspas devora récords. E despois de superar a Hermidita terá este: ser o máximo goleador na historia do club en partidos oficiais. Polo 166, Nolete 161, Aspas 154. O ano pasado conversando con el lembraba ese reto.

O de primeira división vaino bater en breve. E o outro é cuestión de que pasen as xornadas. Hai anos falamos con Hermidita para preguntarlle que tiñan os dianteiros da súa época e non os actuais. Dicía que tiran pouco a gol.

Tirar a gol. Din as estatísticas que Aspas é un dos cinco xogadores más decisivos da liga

Noticias web

24/09/2020