CRTVG

Buscar

Iago Aspas e Hugo Mallo incorpóranse ao traballo co grupo

Publicado o 03/01/2020 21:29

Óscar García tivo dúas boas novas no adestramento deste venres. Iago Aspas traballou ao mesmo ritmo cós seus compañeiros na Madroa. Tamén o fixo Hugo Mallo, por primeira vez na semana. Os dous están preparados para un partido que en Pamplona David García define así: "Temos que nos concienciar de que é un partido vital. Si que é verdade que temos unha distancia considerable con eles pero se perdemos vana recortar"

Esa distancia é de 9 puntos e serve para lle botar un ollo aos números do Celta. O equipo vigués, cando está a piques de rematar a primeira volta, é decimooitavo. Exactamente o posto que lle corresponde en canto a goles marcados e a tiros a porta. Tamén é dos peores en canto a goles recibidos, con 28 en 18 partidos. Pero neste Celta de dúas caras tamén hai datos positivos. En canto a posesión, acerto no pase e faltas recibidas estaría en posicións europeas. Ten moitos números que estudar Óscar para mudar as dinámicas que sinalan que o Celta ten o balón pero non sabe qué facer con el nas dúas áreas. Para solucionar iso está o mercado de inverno, pero polo de agora só trouxo máis inquedanzas. Con Lobotka, como cada vez que se abre a posibilidade, pensando na súa saída ao Nápoles.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2020