CRTVG

Buscar

Iago Aspas di que Fran Escribá non tiña moi clara a súa titularidade no Celta-Vilarreal

Publicado o 30/03/2020 17:43

Iago Aspas revelou unha conversa con Borja Oubiña antes do decisivo encontro da pasada tempada contra o Vilarreal (3-2). O moañés resultou decisivo con dous goles que permitiron aos seus darlle a volta ao marcador e engancharse á pelexa por evitar o descenso.

“Lembro a mañá do partido, que fixemos un quecemento, uns movementos en Balaídos. Falei con Borja Oubiña e comentoume que o míster, Fran Escribá, non vía de todo claro que empezase de titular por todo o tempo que levaba parado, sen xogar”, explica o dianteiro nunha entrevista con Celta Media.

 

Noticias web

30/03/2020