CRTVG

Buscar

Mallo: "De nada vale prometer nada, hai que facelo no campo"

Publicado o 15/01/2019 17:02

Durmisi apunta ao Celta. Lateral zurdo, ex-xogador do Betis. Agora no Lazio italiano. Xogou sesenta minutos no que vai de liga. Danés. Vinta e cinco anos. Anunciouno o Diario As. E tensión as portas da cidade deportiva do Celta.

Mentres o equipo se adestraba, vinte afeccionados trataron de acceder ao campo. Afeccionados que pediron unha xuntanza cos capitáns. Petición denegada polo club. Desde o vestiario un obxectivo. Falar no campo e mellorar a situacion que atravesa o equipo. E negan que sexa un problema de actitude.

Hugo Mallo: "Non teño nada que dicirlles, teño que falar no campo. Aquí queda moi bonito dicir películas, pero se despois non o cumpro no campo non serve de nada. Si que é certo que veu xente, non sei se para falar cos capitáns, pero non é falta de actitude. Hai momentos en que non o facemos ben, os conceptos non saen. Pero son erros individuais, non é que non corramos no campo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2019