CRTVG

Buscar

Hoxe son estudantes chineses e galegos, no futuro tenderán pontes comerciais

Publicado o 08/07/2019 20:39

Formar estudantes chineses e españois para abrir as empresas galegas á China. Esa é a filosofía do Diploma Avanzado en Relacións Internacionais, que imparte o instituto de formación superior de Abanca. Este luns comezou a súa cuarta edición.

Teñen nas súas mans o futuro de moitas empresas galegas. Serán os encargados de introducir os productos no cobizado e complicadísimo mercado chinés. O campus de Vigo da escola de negocios de Afundación leva catro anos colaborando coa Universidade de Economía e Comercio Internacional de Pekín.

Todos os alumnos teñen a obriga de aprender chinés para participar neste programa, que forma parte do Plan China de IESIDE. O centro colabora permanentemente coa primeira Universidade de China que impartiu formación de comercio Internacional con español.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/07/2019