CRTVG

Buscar

Galicia sabe hoxe se a partir do luns pasa á fase 3 da desescalada

Publicado o 05/06/2020 10:40

• No último treito da transición permitirase a mobilidade entre provincias

• Todas as autonomías agás a Comunidade Valenciana aspiran a avanzar

O proceso de desescalada continúa, e Galicia está a horas de saber se pasa á fase 3, o último treito da transisición, e, como consecuencia, recupera a partir do luns a mobilidade entre as catro provincias.

Na terceira etapa serán as comunidades as que xestionen o camiño cara á nova normalidade. Nesta etapa amplíase o número de persoas que se poden reunir e a acollida nos diferentes negocios.

Todas as autonomías, excepto a Comunidade Valenciana, aspiran este venres a avanzar de fase e a maioría a poder afrontar o último período. 

Madrid e a área metropolitana da Barcelona solicitaron o pase á fase 2.

Noticias web

05/06/2020