Hoxe 38 graos na bacía do Miño, mañá chegarán aos 40 graos
Publicado o 17/07/2020 14:40
Arde a rúa en Ourense, levamos días con temperaturas moi altas e as noites non chegan para enfriar o ambiente. Así que estes días hai que buscar as sombras e as beiras do río.
Toda a bacía do Miño está en aviso amarelo por altas temperaturas. Chegaremos aquí aos 38 graos nas horas centrais do día.
Tamén na praia a calor é abafante, polo menos na provincia de Pontevedra, que pasará hoxe de novo unha xornada de sol e calor. Está prevista unha temperatura de 37 graos.
Mañá subirán máis as temperaturas. Chegaremos en localidades coma Ourense, Leiro ou A Arnoia aos 40 graos, así que o aviso pasa a laranxa.
As precaucións, as de sempre, non expoñerse ao sol cando máis quenta, saír da casa tarde e sobre todo beber moita auga.