CRTVG

Buscar

Hospitalizados dous dos 65 anciáns contaxios na residencia do Incio

Publicado o 20/08/2020 20:49

O protocolo activouse co positvo dunha traballadora vencellada co gromo de Monforte, onde hai 38 positivos | Hai outros tres postivos entre os coidadores | A residencia separou por plantas os positivos dos engativos | O Consello suspendeu o servizo de axuda no fogar

Na residencia xa se lles fixeron as probas a todos os usuarios e a todos os traballadores e os resultados confirman que hai 4 coidadores e 65 anciáns que deron positivo, máis da metade dos usuarios. Polo menos dous deles foron trasladados ao hospital. Dentro da residencia activouse o protocolo covid, pecháronse as zonas comúns e separáronse por plantas os usuarios positivos e os negativos, que están sendo atendidos por equipos sanitarios diferentes. Pero do que se trata agora é de saber se o gromo se concentra aquí na residencia ou se se puido estender. Por iso se empezaron xa a rastrexar os contactos de todos os positivos para determinar o seu alcance. 

O protocolo activouse cando se soubo que unha traballadora da residencia, que vive en Monforte, onde está activo un gromo desde hai días, dera positivo por coronavirus. A partir de aí fixéronse case 200 probas PCR, a todos os usuarios e a todos os traballadores do centro. O resultado facilitado por Política Social confirma 65 anciáns e 4 coidadores infectados.

Ramón Ares, xerente da área sanitaria de Lugo, Monforte e A Mariña: "Esta mañá desprazouse un equipo para valorar a situación sobre o terreo. De momento excepto tres residentes o resto son asintomáticos. Xa estamos evaluando a situación e tomando todas as medidas necesarias para conrolar o gromo dentro da residencia".

Os traballos céntranse agora en rastrexar todos os contactos dos positivos, para saber cal é o alcance do gromo. O concello do Incio suspendeu cautelarmente o servizo de axuda a domicilio, e xa hai persoas que están en illamento. Pero polo momento non hai constancia de máis positivos no pobo. Preocupa a estreita relación co veciño concello de Monforte, onde o gromo detectado hai tres días suma xa 38 casos.

Ramón Ares, xerente da área sanitaria: "Queremos acoutalo canto antes, estamos intentando facer coa maior brevidade todos os contactos estreitos que imos coñecendo, facerlles a proba e deixalos illados desde o primeiro momento".

Un dos positivos de Monforte é un traballador dunha residencia de anciáns da vila, pero non tivo contacto cos residentes porque está de vacacións. Tamén hai positivos entre traballadores de hostalería, o que levou a moitos negocios a pechar voluntariamente.

Cerca do Incio e de Monforte detectouse outro gromo, en Sarria, que afecta dúas familias e suma nove infectados. Un médico e varios axentes da Policía Local están en corentena.

O Concello do Incio suspende o servizo de axuda no fogar, feiras e diversas actividades

O Concello do Incio decidiu suspender de forma temporal o servizo de axuda no fogar, salvo en casos de especial vulnerabilidad. Nun bando de Alcaldía, tamén se informa da suspensión de toda actividade lúdica, cultural e deportiva, así como feiras e mercados. Pola súa banda, procederase á reapertura do servizo de entrega a domicilio de medicamentos e alimentos a aquelas persoas que o necesiten.  

O Incio ofrece colaboración a todos os veciños para o que poidan necesitar a través do teléfono do Concello, o 982 427 014. O Concello destaca que está en contacto "permanente" coa residencia, Xunta e autoridades sanitarias, mentres se determina o alcance do gromo.

Noticias web

20/08/2020