CRTVG

Buscar

Hortensia xa se deixa notar en Galicia, en aviso laranxa por vento, chuvia e ondada

Publicado o 21/01/2021 21:37

Aínda non despedimos unha borrasca e xa temos outra chamando á porta. A que vén chámase Hortensia. E mañá terá toda Galicia en aviso laranxa por vento de máis de 100 km por hora.

Tamén vén moita choiva. Na provincia de Pontevedra agárdanse máis de 40 litros por metro cadrado.

Pero o peor vano vivir na costa. Todo o litoral estará en alerta laranxa por vento de 80 km por hora e ondas de máis de 5 metros.

Aínda non despedimos unha borrasca e xa temos outra chamando á porta. A que vén chámase Hortensia. E mañá terá toda Galicia en aviso laranxa por ventos de máis de 100 km por hora. Tamén vén moita choiva. Na provincia de Pontevedra agárdanse máis de 40 litros por metro cadrado  e ondas de máis de 5 metros de alto.

A borrasca que varreu Galicia nas últimas horas é pouca cousa comparada coa que xa temos enriba. Hortensia manteranos este venres en alerta laranxa atacando por terra, mar e aire. Na costa a frota terá que seguir amarrada. Haberá vento forza 9 e ondas de máis de 5 metros.

O vento vai superar os cen quilómetros á hora en toda a comunidade. Non só no mar. De todos os xeitos, esta Hortensia non será tan potente coma a outra, que no 1984 levaba o mesmo nome.

A nova borrasca trae tamén chuvia. Ata 40 litros por metro cadrado poden caer na provincia de Pontevedra.

Noticias web

21/01/2021