Hortensia, a nova borrasca que chega a Galicia, reaviva a memoria do forte temporal de hai 37 anos
Publicado o 21/01/2021 14:44
A nova borrasca que esta noite se aproxima á nosa comunidade e que vén bautizada como Hortensia está a reavivar na memoria de moitos galegos o que lembran como "o temporal do século".
No ano 1984 chegou a Galicia unha forte cicloxénese explosiva que levaba este mesmo nome, con ventos que chegaron a superar os 150 km/h e que causou estragos tan importantes que aínda non se esqueceu o seu alcance.
Aínda que as previsión para mañá son de forte vento e chuvia abundante en toda Galicia, non se poderá comparar co temporal de 1984.
É importante manter todas as precaucións, pero non se agarda que alcance a nosa comunidade coa mesma intensidade que o fixo o de hai 37 anos.