CRTVG

Buscar

Horta con futuro nas Mariñas coruñesas

Publicado o 13/09/2019 20:06

Fixo da súa paixón pola horta familiar un negocio de futuro. Hoxe Cristina emprega ata 30 traballadores e cultiva máis de 50 hectáreas nun contorno privilexiado, o da reserva das Mariñas.

Especializouse nos cultivos locais máis tradicionais, na trindade dos galegos: o grelo, a cebola chata e, a gran estrela, a pataca.

Envasa coa súa marca e foi a primeira en distinguila co selo da reserva da biosfera. Unha garantía da calidade, orixe e respecto ao medio ambiente destas producións.

O premio ambiental da Unesco ou o premio Agader contra o abandono avalan este proxecto e anímana a seguir defendendo os recursos dun territorio único.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2019