CRTVG

Buscar

Homenaxe aos impulsores do Dispositivo de Separación do Tráfico Marítimo de Fisterra

Publicado o 14/12/2019 20:52

O ano pasado, máis de 36.000 buques transitaron as augas galegas, un terzo deles con materiais perigosos. Desde hai 25 anos, o Dispositivo de Separación do Tráfico Marítimo de Fisterra prevén accidentes de navegación nunha das zonas con máis densidade de circulación de barcos do mundo.

A Casa do Voluntariado de Muxía acolleu un acto público de homenaxe ás persoas e aos colectivos que impulsaron a implantación do corredor. Durante anos, as confrarías de Muxía e de Fisterra e a Asociación de Titulados Náutico-pesqueira loitaron por facer realidade o sistema, que afasta os buques da costa un mínimo de 40 quilómetros.

Noticias web

14/12/2019