CRTVG

Buscar

Homenaxe a Beethoven no Concerto de Aninovo no 250 aniversario do seu nacemento

Publicado o 01/01/2020 15:34

Este ano levou a batuta Andris Nelsons que chegou a tocar a corneta de posta.O exquisito director letón convertiu o tradicional concerto da Filharmónica de Viena nunha homenaxe a un dos máis célebres veciños da capital austríaca, Beethoven.


Por primeira vez no Concerto de Aninovo soou música do compositor no 250 aniversario do seu nacemento. A aportación española veu da man de José Carlos Martínez coreógrafo das escenas dos ballets.

Un concerto que se celebra cando se cumpren tamén 150 anos do Musikverein unha das salas de concertos con mellor acústica do mundo e 80 deste evento. Por suposto os valses e polkas e marchas da familia Strauss formaron parte dun programa que acada unha audiencia de mil millóns de persoas en 54 paises.

Como sempre o concerto rematou coa tradicional marcha Radetzky, palmeada polo público. Eso sí esta vez cun novo arranxo que substitúe o tradicional dun compositor nazi.
 

Noticias web

01/01/2020