CRTVG

Buscar

Hollywood celebra a 91 edición dos premios Óscar

Publicado o 24/02/2019 19:50

A película en español Roma pode facer historia nos Óscar que se entregan nunha horas por varios motivos: por levar unha estatuíña como mellor película do ano e ao tempo mellor film de fala non inglesa e por ser estreada nunha paltaforma Netflix e non nas salas de cine. Nesta edición, a número 91, fai unha década desde que unha actriz española, Penélope Cruz, levantara a estatuíña.

Para este fanático dos Óscar non hai nada igual. É a suma de todos os eventos televisados das Olimpíadas á Superbowl. E non lle falta razón. A cerimonia do 2018, aínda cun 20 % menos ca a do ano anterior, vírona en directo 25 millóns de persoas en todo o planeta cine.

No planeta Hollywood, no Teatro Dolby, xa están esperando os cazaestrelas e permanecerán alí ata que dea comezo, en doce horas, a 91 edición dos Óscar. Pero, como di esta muller, que película será a mellor? Segundo a crítica, e tendo en conta o medidor dos premios precedentes, como os Bafta ou os Globos de Ouro, o Oscar será para Roma, do mexicano Alfonso Cuarón.

Podería gañar como mellor película e tamén como mellor película de fala non inglesa, co permiso da polaca Cold war. En contra, que Cuarón estreouna na plataforma Netflix e non nas salas e iso desgusta os puristas da sétimo arte. La favorita, de Yorgos Lanthimos, tamén ten o aplauso da crítica.

Se un se guía polo público podería levar a estatuíña Green Book, protagonizada polos candidatos Viggo Mortensen e Mahershala Ali. E cando fai unha década do Óscar á nosa Penélope Cruz, neste 2019 a presenza española redúcese a Rodrigo Sorogoyen, candidato pola curta Madre, e a Javier Bardem e o cociñeiro asturiano José Andrés presentando e entregando un premio cada un.

Noticias web

24/02/2019