CRTVG

Buscar

Holanda súmase á lista de países que desaconsella facer viaxes a España

Publicado o 25/08/2020 16:21

O Goberno holandés acaba de actualizar as súas recomendacións para viaxar e desaconsella calquera visita que non sexa estritamente necesaria a España, incluídas as illas Canarias. O aviso entrou en vigor esta medianoite.

Ata o momento, os Países Baixos recomendaban non realizar viaxes turísticas a Barcelona, Madrid e as Baleares e toma agora a decisión de estender as limitacións a todo o territorio español.

Ademais, o Gobeno holandés impón a obriga de gardar corentena a toda persoa que estea en España e regrese a Holanda, tamén recomenda que se sometan a unha proba PCR.

As autoridades sanitarias holandesas tomaron todas estas decisións ao considerar que o número de contaxios en España é elevado e segue en aumento.

Noticias web

25/08/2020