CRTVG

Buscar

Hjulsager asina co Oostende

Publicado o 12/07/2019 20:23

Andrew Hjulsager deixa o Celta. O mediapunta dinamarqués xa foi presentado co seu novo club, o Ostende da primeira división belga. No Celta estivo dúas temporadas e media, con cesión ao Granada incluída, e anotou un só tanto. Tampouco tivo demasiadas oportunidades. O conxunto vigués leva medio millón e unha porcentaxe dunha futura venda.
 

Noticias web

12/07/2019