CRTVG

Buscar

Historia dun espía infiltrado na ETA

Publicado o 08/05/2019 20:54

Mikel Lejarza tiña apenas 30 anos, en 1973, cando o servizo secreto español o recrutou para infiltralo na ETA co alcume de Lobo. Carecía de toda experiencia.

"Eu facía a vida nunha parroquia, así que imaxinade a diferenza", di Lejarza. E lembra o medo a ser descuberto como un luxo que non se podia permitir. "Podíanche facer cousas horribles. Eu sempre levaba unha pastilla de cianuro no peto".

En dous anos conseguiu información suficiente para que a policia puidese desmantelar practicamente a organización, incluído o comando que actuaba en Galicia. Grazas ao seu aviso evitaronse os atentados que tiñan previstos.

Aquela redada de 1975 supuxo o remate da infiltración de Mikel e o inicio dunha nova vida. Fernando Rueda, o coautor do libro Yo confieso, que recolle a súa historia, conta que a ETA o descubriu e empapelou Euskadi coa súa foto condenándoo a morte.

Someteuse a unha operación de cirurxía estética, cambia a miúdo o seu lugar de residencia, realiza as entrevistas a través dun móbil e segue traballando para os servizos de información, encuberto e ignorado.

Rueda di que é un axente negro. Os servizos secretos negan que traballe para eles, polo que non ten nin Seguridade Social nin pensión.

Mikel Lejarza, Lobo, ten 71 anos e non pensa en retirarse. Di que aínda é un mozo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/05/2019