CRTVG

Buscar

'Helsinki 79', a historia de Eufemiano e Lalo

Publicado o 23/05/2019 08:42

"Eufemiano e Lalo son dous galegos que se coñeceron no servizo militar e que empezaron a cantar en Benidorm música lixeira. Chegado o verán de 1978, un produtor musical finés, locutor da radio pública do país nórdico, coñéceos, namora dun deles e ofrécelles gravar un tema en finés, que vai romper o mercado en Finlandia", explica Pablo Fontenla, director de Helsinki 79.

"O curioso é que hai unha gravación de TVE, que aparece na curta, que se fixo para promover que representase a Finlandia no Festival de Eurovisión de 1980, o que, finalmente, non puido ser".

"Anti Nikanen é o fillo de Hans Nikanen, o produtor musical, e cando morre o seu pai descobre nunha caixa de seguidade a demo de Helsinki 79 e unha postal dirixida a Lalo, ao que lle di que foron moi covardes e que non se atreveron a dalo todo. Anti decide buscar as orixes de todo iso e da relación".

"Gústame o falso documental. Permite chegar ao maior número de xente posible. Hai moita xente á que non lle gusta  a ficción especialmente, gústalle o documental, e así isto está mesturado nunha mesma cousa".

"Vaise abrir unha canle en Vebo co videoclip de Helsinki 79 e para ter a canción tamén dispoñible en Spotify e se poida saber o que son Eufemiano e Lalo, e poñelos no seu posto".

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019