CRTVG

Buscar

Hamilton gaña cunha roda picada na última volta

Publicado o 02/08/2020 20:26

Outra picada na última volta levou a Carlos Sáinz do 4º ata o 13º posto

Así rematou Lewis Hamilton o Gran Premio de Gran Bretaña, botando faíscas. Picou o pneumático dianteiro esquerdo na derradeira volta ao circuíto de Silverstone e cruzou a liña de meta coa lamia tocando o asfalto. Así quedou a roda, practicamente desfeita, pero malia todo chegou con cinco segundos de vantaxe sobre Verstappen. Red Bull errou a estratexia. Semellaba que non ían pasar do terceiro posto e mandaron parar o holandés para cambiar gomas e buscar a volta rápida. Aí perdeu tempo e non puido aproveitar a posterior picada de Hamilton.

Si que lle serviu para superar a Bottas, que picou a roda a falta de dúas voltas cando marchaba de segundo. O accidente de Bottas levou a Carlos Sainz á cuarta praza durante uns instantes, ata que el tamén picou a roda e caeu ata o décimoterceiro posto. Estragou ao final unha carreira que tiña controlada logo dunha gran saída na que pasou do sétimo ao quinto posto.

Hulkenberg, que volvía á Fórmula Un neste circuíto de Silverstone polo positivo de Checo Pérez, quedou sen correr por unha avaría antes da proba.


 

Noticias web

02/08/2020