CRTVG

Buscar

Hai dous galegos no Mundial de Balonmán: Rodrigo Corrales e Pedro Rodríguez

Publicado o 13/01/2021 17:58

Volverá estar nun mundial con España Rodrigo Corrales, o mellor xogador na historia do balonmán galego. Ten dous ouros de Campionatos de Europa no seu palmarés. O reto é o mundial.

Favoritos son os de sempre: Dinamarca, Alemaña, Francia ou España. Estará Corrales e debutará nun mundial o vigués Pedro Rodríguez, nacionalizado húngaro dende outubro. 

Un mundial estraño, sen público, formato burbulla onde os xogadores só poden facer o traxecto hotel-pavillón-hotel.

Un mundial incerto a onde España chega como a actual campioa de Europa.

Noticias web

13/01/2021