CRTVG

Buscar

Hai 635 casos activos de coronavirus nas residencias de maiores de Galicia

Publicado o 29/11/2020 14:40

Esta residencia Vila do Conde de Gondomar pasa de 89 usuarios contaxiados a 110 porque nas últimas 24 horas deron positivo por PCR 21 maiores. Tamén hai seis traballadores afectados. Nun día pasaron de 16 a 22.

Ademais de residencia de Gondomar, porque pasa dos cen casos de covid−19, ten 132, segue preocupando o gromo da residencia asilo de Vilalba, que ten 117 usuarios e 22 traballadores contaxiados.

O bo dato é que as cifras non se moveron en 24 horas, como ocorrre na residencia San Salvador de Guntín. Arestora ten 22 usuarios con coronavirus e oito traballadores, 30 casos en total.

O gromo da residencia Pontevedra de Vilaboa segue activo. Hai 42 internos que deron positivo, dos que seis están hospitalizados non graves, e ademais 14 traballadores.

O gromo da Doralresidencia de Mos vai reducindo o número de casos, pero aínda están activos, que deron positivo nas PCR, 12 traballadores, 29 maiores e 16 persoas do centro de discapacitados.

A residencia Soremay, no centro urbano de Pontevedra, rexistra 20 casos. Pasaron nas últimas 24 horas de ter dous diagnosticados a 20, 14 son usuarios e seis son traballadores.

Noticias web

29/11/2020