CRTVG

Buscar

Fai 40 anos da maior traxedia que se recorda en Vigo, a do río Órbigo

Publicado o 10/04/2019 20:55

Este 10 de abril fai 40 anos da maior traxedia que se recorda en Vigo. Morreron 49 persoas, 45 delas eran nenos que volvian dunha excursión a Madrid. O autobús en que viaxaban caeu ao río Órbigo, en Zamora.

Eran as 4.30 daquel 10 de abril de 1979. Contan os xornais da época que os nenos xogaban con pos pica pica e que o condutor se puido distraer. Ou pode que fose o exceso de velocidade nesta curva, hoxe suavizada. O certo é que o autocar chocou contra a varanda da ponte e caeu ao río Órbigo, nun día de augas frías e moita enchente. Eran do colexio Vista Alegre de Vigo e volvían dunha excursión a Madrid. Morreron 45 cativos, 3 profesores e o condutor. Sobreviviron 11, din as crónicas que, a maioría, grazas ao esforzo dos veciños de Santa Cristina de la Polvorosa. Unha placa e un cruceiro réndenlles homenaxe no lugar do accidente. En Vigo outra placa lembra, desde hoxe, unha traxedia que forma parte da historia dolorosa e solidaria da cidade.

Noticias web

10/04/2019