CRTVG

Buscar

Hai 22 variedades de hortalizas autóctonas galegas pendentes de rexistro

Publicado o 03/09/2020 16:43

A explotación de Horta de Sempre está na parroquia de Leiro, no concello coruñés de Miño. Contan cunha hectárea e media ao aire libre e uns mil douscentos metros cadrados de invernadoiros, onde conviven centos de variedades, cun risco diferenciador: boa parte delas son de hortalizas autóctonas galegas:

Son variedades como a cebola chata do Miño, o pementos de Piñeira, o Reino, ou os tomates Negro de Santiago e avoa de Osedo.

Todas elas atópanse conservadas para as xeracións futuras no banco de xermoplasma do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, da Consellería do Medio Rural. Delas, vinte e dúas están agora pendentes do seu rexistro na Oficina Española de Variedades Vexetais.

Rexistralas sería un paso fundamental para que os agricultores poidan seguir producindo semente e plantas destas variedades e un xeito de garantir que non se perdan os sabores da horta galega.

Noticias web

03/09/2020