CRTVG

Buscar

'Hackean' a conta de atención ao público de Correos en Twitter

Publicado o 15/10/2019 17:24
'Hackean' a conta de atención ao público de Correos en Twitter

A conta de Correos Atende (@CorreosAtiende) é o perfil de atención ao cliente de Correos en Twitter, e este martes sufriu un 'hackeo', segundo informou a propia empresa na rede social. "Se precisas enviar droga nos teus paquetes, non dubides en usar o noso servizos", foi a primeira mensaxe publicada na conta de Twitter tras a suplantación. O tuit xa foi compartido por máis de 15.000 usuarios da rede social. 

Máis tarde, na conta, que conserva a súa aparencia habitual, publicouse o seguinte: "O noso servizo é un lixo, pero somos expertos no transporte de droga". A terceira mensaxe advertía os usuarios de Correos que "desde hoxe os envíos levarán un pouco de cocaína de agasallo". A cuarta mensaxe da conta 'hackeada' era unha enquisa que comparaba á empresa pública con outra privada. Desde a conta respondíase: "Isto pásache por non usar o noso servizo". 

Desde Correos aseguran que están "a traballar por solucionalo". Mentres tanto, instan os usuarios do servizo a que non fagan caso dos ' tuits' e mensaxes directas que se publican nese perfil "ata novo aviso".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí